
Estes días andivemos a voltas na aula de terceiro para facer un contiño co gallo do Día da Árbore, que celebraremos a vindeira semana. A verdade é que comezamos cun toque de humor e soños e rematamos algo máis serios, pero a guinda foi unha frase en inglés, dunha canción que lle vimos cantar ao Bob Dylan no ordenador:
A resposta, meu amigo, está flotando no aire. Inclusive ensaiamos a frase cantándoa en inglés para pechar o conto, pero que ao final nos saia, é outro conto.
Paulo e o carballo
Paulo tiña oito anos e vivía na Piña. A Paulo gustáballe moito pasear polo monte viu unha arbore e como comera moito e decidiu botar unha sestiña.Era outono e o vento abaneaba as polas das árbores daquel carballo. O Paulo soñara coa súa nai perseguindo estrelas cun sacho voador e vía ao seu pai dacabalo dunha lavadora. De súpeto, unha voz díxolle:
- Oes, ti, Pauliño! Esperta!
Paulo abriu os ollos e reparou aqueloutrado no carballo:
- Onde estás?
- Estou aquí enriba túa!
Paulo ollouno e preguntou:
-E logo as árbores falan?
-E que pensabas?
-Pois pensaba que so falaban as persoas.
-Paulo, neste mundo falantodas as cousas.Para escoitalas non abonda coas orellas.
-E logo non? Preguntaba Paulo rascando na cachola .
-Hai que abrir ben os ollos Paulo , e a cabeza.
-Ai! A miña veciña non ma toques!
-Non é iso Paulo.
-E logo quen fala?
-Falan as bocas,pero tamen falan os ollos, e tes que miralos.E tamen fala o silencio, pero ninguén o escoita. E tamén fala o silencio, pero ninguén o escoita. E fala o vento, pero tes que seguilo. E os ríos que rematan no mar.
- E a ti quen che contou todo iso?
-A min faláronmo os paxaros.
-Ai si?
-Si, Paulo. Eles ven por min: viaxaron por selvas infinitas, bañáronse en mares descoñecidos, viron aos homes matarse entre eles, viron os estragos da fame, e máquinas e fume e a cobiza nos ollos da xente.
-Pero iso é terrible!
- Non todo é terrible, Paulo: os paxaros contáronme que aínda hai menceres que as persoas non viron, e augas azuis, máis fortes e bonitas do que ningunha máquina, que hai nenas e nenos con corazóns de tigres, e con ollos puros e salvaxes, e que un novo mundo limpo e xusto virá.
-E eu teño corazón dun tigre?
- A resposta, Pauliño, está flotando no vento.
The answer, my friend, is blowing in the wind.