lunes, 26 de abril de 2010

Hoxe pintamos e lemos á Rosalía!


Ben, nenas e nenos, hoxe pintaremos á Rosalía de Castro. O primeiro grupo comezará traballando nos ordenadores, para procurar información sobre a poetisa; o segundo grupo comezará a pintar os murais e lerá algúns poemas e o terceiro grupo adicarase a recoller varias esceas do traballo realizado.

Seguiremos unha quenda que nos permita facer as tres cousas ao longo da sesión. Así que ánimo, se nos dera tempo leremos algo da obra para comezar cos ensaios mañá mesmo. E non esquezades poñer as respostas sobre a webquest da Rosalía na entrada anterior!

Mañá comezamos os ensaios. Xa queda pouco para o máis divertido!

Aquí vai un pequeno vídeo do equipo de gravación, integrado nesta ocasión por Sara de 4º e Alba de 3º:

gravación feita polos nenos e nenas da actividade from Lois Diaz on Vimeo.



Mañá estarán dispoñibeis algúns vídeos das vosas lecturas. Un saúdo, nen@s!

Para abrir boca, deixámosvos algo máis:dunha banda, o texto da obra, e algunha cousiña máis por se queredes pescudar sobre o teatro:
Os es
View more documents from Loisperez.







3 comentarios:

  1. Rosalia e a figura mais importante da litera tura galega.Viviu ca sua nai e naceu no Ano 1837 e faleceu no 1885 posible mente non fose casual a marcha de rosalia a madrid.

    nome:kevin e alba

    ResponderEliminar
  2. lois e charo pa que bos enteredes o de kevin e Alba da rosalia e que a alba e de 3º


    perdon polas molestias

    ResponderEliminar
  3. Rosalia de Castro naceu en Santiago de Compostela , en 1837 viviu en Santiago de Compostela ,en Madrid e casou con Manuel Murguia. De Vanessa loureiro

    ResponderEliminar