
Nenas e nenos do segundo ciclo. Hoxe comeza a aventura. Ao longo do próximo mes, mergullarémonos na figura de Rosalía de Castro, pero non só iso; mergullarémonos tamén nos seus poemas, e no teatro, na música, e tamén na gravación e na fotografía. Será a palabra de Rosalía quen nos indique o camiño, e seredes vós, coa axuda de Charo e Lois, os protagonistas desta viaxe.
Os dezaoito nenos e nenas que formades o ciclo, formaredes tres grupos de traballo, que se irán mesturando en moitos momentos da actividade, segundo o que fagamos en cada intre. Pintaremos, ensaiaremos, gravaremos, leremos, entrevistaremos, e finalmente tentaremos estrear a nosa obra de teatro co gallo do Día das Letras Galegas.
Coas vosas gravacións e coas vosas fotografías, recolleremos todo o proceso de creación da obra: dende hoxe ata que chegue a data do estreo. Moita sorte!! Vós podedes!!
O primeiro que imos facer hoxe será expoñer o traballo, e logo comezaremos a investigar un pouquiño na vida e na obra de Rosalía de Castro, que é esta muller e poetisa que estades a ver no debuxo do blogue. Que sabemos dela? Imos aló!! Agardando poder publicar todas as vosas impresións, deixámosvos aquí as impresións moi atinadas e curiosas de catro dos protagonistas: Edu, Sonia, Paula S. e Ángel(nótese a pronunciación "categórica" de máis por parte do entrevistador na primeira parte do vídeo,desculpen):
Untitled from Lois Diaz on Vimeo.
Paula e Eloy:
Untitled from Lois Diaz on Vimeo.
Nerea e Nacho:
Untitled from Lois Diaz on Vimeo.
Sara e David:
Untitled from Lois Diaz on Vimeo.
Cando rematedes de ler esta información, teredes que pulsar no seguinte enlace, para aprender un pouquiño máis sobre esta artista, unha das figuras máis importantes e representativas da literatura e cultura galega, e universal tamén. Veña! Non vos durmades, pinchade aquí:
http://www.as-pg.com/webquests/derosalia/index.html
Logo de ler e investigar no enlace, teredes que deixar en comentarios a seguinte información: que foi o que máis vos chamou a atención do que aprendéstedes? Cando e onde naceu Rosalía? Que pensades sobre o que imos facer: doado ou difícil? Como pensarades que resultará?
Gustoume moito o que lin no blog sobre Rosalia de castro.
ResponderEliminarSebas
Eu, xa me aprendín o papel de, O Marqués
ResponderEliminardo Silencio, era moy fácil, pero antes parecíame dificilísimo a min encantanme.
De.Alba 4º
gustoume moito oque lin sobre Rosalia de Castro
ResponderEliminarKevin
A min gutaronme moito os comentarios dos meus compañeiros que fixeron sobre ...
ResponderEliminarRosalia de Castro, Albaro Cunqueiro, Castelao e etc.
Ademais eu fun afortunada e soupen todo o meu papel .
Grazas!
Paula C.