viernes, 21 de mayo de 2010

Hoxe foi a estrea da nosa obra: Felicidades, nenas e nenos!


Foi un éxito. Hoxe, venres 21 de maio, o publico(nenos/as e maiores) que ateigaba o salón de actos da nosa escola puido asistir á estrea da obra de teatro Os ecos de Rosalía, representada polo alumnado do segundo ciclo e que culmina así o seu proxecto ao longo do último mes e medio.
Eloy, Alba, Iván, Paula, Nacho, Ángel e Sara, do 4º curso, e tamén Paula S., Manuela, Edu, David, Sebas, Paula e Sonia Grille, Alba e Vanessa Loureiro, Kevin e Nerea, de terceiro curso, foron os intérpretes desta obra. A obra saíu mellor que nos ensaios, se iso era posíbel, e houbo intres dabondo para as gargalladas, pero tamén para a emoción, a intriga e como non, o recordo e homenaxe a Rosalía de Castro, figura arredor da que se traballou nesta iniciativa.
Só nos resta felicitar de novo aos nenos e nenas, que co seu esforzo e coa súa ilusión achegáronlles aos seus compañeiros e compañeiras de escola a maxia da poetisa galega.

Grazas tamén aos asistentes, que co seu comportamento e actitude contribuíron a que a estrea fora un éxito.

Deixámosvos aquí un intre de "bambalinas", no que falamos con Cunqueiro momentos antes de saír a actuar:

Untitled from Lois Diaz on Vimeo.

2 comentarios:

  1. Gosto de ver como agroma o que noutrora foi sementado.
    Hai que ver con que xeito esas nenas e nenos interpretan o que se pon nas súas cabezas.
    Parabéns ós mestres tamén.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Canolas. Confésolle que me prace e porque non, me intriga un pouco, esta mensaxe, pois non sei quen é vostede. De calquera xeito, agradézolle de novo os seus parabéns. Ata pronto.

    Lois.

    ResponderEliminar