martes, 16 de marzo de 2010

Aí ven o Día da Árbore: Paulo e o carballo



Estes días andivemos a voltas na aula de terceiro para facer un contiño co gallo do Día da Árbore, que celebraremos a vindeira semana. A verdade é que comezamos cun toque de humor e soños e rematamos algo máis serios, pero a guinda foi unha frase en inglés, dunha canción que lle vimos cantar ao Bob Dylan no ordenador: A resposta, meu amigo, está flotando no aire. Inclusive ensaiamos a frase cantándoa en inglés para pechar o conto, pero que ao final nos saia, é outro conto.






Paulo e o carballo



Paulo tiña oito anos e vivía na Piña. A Paulo gustáballe moito pasear polo monte viu unha arbore e como comera moito e decidiu botar unha sestiña.Era outono e o vento abaneaba as polas das árbores daquel carballo. O Paulo soñara coa súa nai perseguindo estrelas cun sacho voador e vía ao seu pai dacabalo dunha lavadora. De súpeto, unha voz díxolle:
- Oes, ti, Pauliño! Esperta!
Paulo abriu os ollos e reparou aqueloutrado no carballo:
- Onde estás?
- Estou aquí enriba túa!
Paulo ollouno e preguntou:
-E logo as árbores falan?
-E que pensabas?
-Pois pensaba que so falaban as persoas.
-Paulo, neste mundo falantodas as cousas.Para escoitalas non abonda coas orellas.
-E logo non? Preguntaba Paulo rascando na cachola .
-Hai que abrir ben os ollos Paulo , e a cabeza.
-Ai! A miña veciña non ma toques!
-Non é iso Paulo.
-E logo quen fala?
-Falan as bocas,pero tamen falan os ollos, e tes que miralos.E tamen fala o silencio, pero ninguén o escoita. E tamén fala o silencio, pero ninguén o escoita. E fala o vento, pero tes que seguilo. E os ríos que rematan no mar.
- E a ti quen che contou todo iso?
-A min faláronmo os paxaros.
-Ai si?
-Si, Paulo. Eles ven por min: viaxaron por selvas infinitas, bañáronse en mares descoñecidos, viron aos homes matarse entre eles, viron os estragos da fame, e máquinas e fume e a cobiza nos ollos da xente.
-Pero iso é terrible!
- Non todo é terrible, Paulo: os paxaros contáronme que aínda hai menceres que as persoas non viron, e augas azuis, máis fortes e bonitas do que ningunha máquina, que hai nenas e nenos con corazóns de tigres, e con ollos puros e salvaxes, e que un novo mundo limpo e xusto virá.
-E eu teño corazón dun tigre?
- A resposta, Pauliño, está flotando no vento.


The answer, my friend, is blowing in the wind.

12 comentarios:

  1. foi o que mais me gustou a historia do demonio

    firmado:
    kevin

    ResponderEliminar
  2. gustoume moito odo cruce de camiños

    firmado: Alba , vanessa y Kevin

    ResponderEliminar
  3. Eu quero que siga vindo xente a ensinarnos de todo .


    O día das árbores foi moi bonito , o que máis me gustou foi o texto que recitaron os nenos/as de 1º de primaria.
    GRACIAS
    DE:ALBA MATO SOUTO 4º

    ResponderEliminar
  4. O día da árbore paseino moi ben , a árbore que máis me gustou foi o PRUNUZ a árbore de 3º e tamen a istoria que contou Lois e os nenos de 3º

    ResponderEliminar
  5. O día 12 de abril fomos o Horto da escola, alí algúns nenos de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto plantaron patacas e cebolas. Eu vin moitas cousas e tamén as aprendin.

    IVÁN

    ResponderEliminar
  6. Me encantó cuando vinieron las señoras que se llamaban: María, Dorinda, Isabel.
    Vinieron a enseñarnos como se plantan: patatas, cebolleta, zanahorias, lechugas y flores.
    A mi me tocó plantar patatas, Eloy plantó cebolletas,
    ¿Y a vosotros que os tocó?

    Ángel 4º

    ResponderEliminar
  7. Nos os de 4º de primaria presentamoslles o Bidueiro.Os de 1º o Acibro .Os de 2º o Castiñeiro.Os de INFANTIL a Palmeira.Os de 3º o Prunus.E os de 5º e 6º o Castaño.

    GRACIAS




    De:ALBA MATO SOUTO 4º

    ResponderEliminar
  8. Quero que siga vindo xenteee¡¡¡

    ResponderEliminar
  9. www.colexio-sofan.blogspot.com


    -ANGEL.



    www.sofanmaravillas.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. Encantoume todo.

    ResponderEliminar
  11. Rosalia de Castro naceu en 1.837 dia 24 de Febreiro en Santiago de Compostela.
    A nai era solteira.O seu primeiro libro foi no ano 1.863,sua nai chamabase María Teresa de la cruz de castro y Abadía, o seu pai chamabase José Martínez Viojo.
    Vivía nunha aldea preto de Padrón,fixo moitos amigos.

    Rosalía casouse,tuvo 7 fillos .
    E matarona no 1.891,enterrarona.

    Manuela,Alba Mato e Sonia

    ResponderEliminar
  12. lois non atopo a cancion de Negra Sombra





    Alba 3º

    ResponderEliminar