
Estes días andivemos a voltas na aula de terceiro para facer un contiño co gallo do Día da Árbore, que celebraremos a vindeira semana. A verdade é que comezamos cun toque de humor e soños e rematamos algo máis serios, pero a guinda foi unha frase en inglés, dunha canción que lle vimos cantar ao Bob Dylan no ordenador: A resposta, meu amigo, está flotando no aire. Inclusive ensaiamos a frase cantándoa en inglés para pechar o conto, pero que ao final nos saia, é outro conto.
Paulo e o carballo
Paulo tiña oito anos e vivía na Piña. A Paulo gustáballe moito pasear polo monte viu unha arbore e como comera moito e decidiu botar unha sestiña.Era outono e o vento abaneaba as polas das árbores daquel carballo. O Paulo soñara coa súa nai perseguindo estrelas cun sacho voador e vía ao seu pai dacabalo dunha lavadora. De súpeto, unha voz díxolle:
- Oes, ti, Pauliño! Esperta!
Paulo abriu os ollos e reparou aqueloutrado no carballo:
- Onde estás?
- Estou aquí enriba túa!
Paulo ollouno e preguntou:
-E logo as árbores falan?
-E que pensabas?
-Pois pensaba que so falaban as persoas.
-Paulo, neste mundo falantodas as cousas.Para escoitalas non abonda coas orellas.
-E logo non? Preguntaba Paulo rascando na cachola .
-Hai que abrir ben os ollos Paulo , e a cabeza.
-Ai! A miña veciña non ma toques!
-Non é iso Paulo.
-E logo quen fala?
-Falan as bocas,pero tamen falan os ollos, e tes que miralos.E tamen fala o silencio, pero ninguén o escoita. E tamén fala o silencio, pero ninguén o escoita. E fala o vento, pero tes que seguilo. E os ríos que rematan no mar.
- E a ti quen che contou todo iso?
-A min faláronmo os paxaros.
-Ai si?
-Si, Paulo. Eles ven por min: viaxaron por selvas infinitas, bañáronse en mares descoñecidos, viron aos homes matarse entre eles, viron os estragos da fame, e máquinas e fume e a cobiza nos ollos da xente.
-Pero iso é terrible!
- Non todo é terrible, Paulo: os paxaros contáronme que aínda hai menceres que as persoas non viron, e augas azuis, máis fortes e bonitas do que ningunha máquina, que hai nenas e nenos con corazóns de tigres, e con ollos puros e salvaxes, e que un novo mundo limpo e xusto virá.
-E eu teño corazón dun tigre?
- A resposta, Pauliño, está flotando no vento.
The answer, my friend, is blowing in the wind.
foi o que mais me gustou a historia do demonio
ResponderEliminarfirmado:
kevin
gustoume moito odo cruce de camiños
ResponderEliminarfirmado: Alba , vanessa y Kevin
Eu quero que siga vindo xente a ensinarnos de todo .
ResponderEliminarO día das árbores foi moi bonito , o que máis me gustou foi o texto que recitaron os nenos/as de 1º de primaria.
GRACIAS
DE:ALBA MATO SOUTO 4º
O día da árbore paseino moi ben , a árbore que máis me gustou foi o PRUNUZ a árbore de 3º e tamen a istoria que contou Lois e os nenos de 3º
ResponderEliminarO día 12 de abril fomos o Horto da escola, alí algúns nenos de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto plantaron patacas e cebolas. Eu vin moitas cousas e tamén as aprendin.
ResponderEliminarIVÁN
Me encantó cuando vinieron las señoras que se llamaban: María, Dorinda, Isabel.
ResponderEliminarVinieron a enseñarnos como se plantan: patatas, cebolleta, zanahorias, lechugas y flores.
A mi me tocó plantar patatas, Eloy plantó cebolletas,
¿Y a vosotros que os tocó?
Ángel 4º
Nos os de 4º de primaria presentamoslles o Bidueiro.Os de 1º o Acibro .Os de 2º o Castiñeiro.Os de INFANTIL a Palmeira.Os de 3º o Prunus.E os de 5º e 6º o Castaño.
ResponderEliminarGRACIAS
De:ALBA MATO SOUTO 4º
Quero que siga vindo xenteee¡¡¡
ResponderEliminarwww.colexio-sofan.blogspot.com
ResponderEliminar-ANGEL.
www.sofanmaravillas.blogspot.com
Encantoume todo.
ResponderEliminarRosalia de Castro naceu en 1.837 dia 24 de Febreiro en Santiago de Compostela.
ResponderEliminarA nai era solteira.O seu primeiro libro foi no ano 1.863,sua nai chamabase María Teresa de la cruz de castro y Abadía, o seu pai chamabase José Martínez Viojo.
Vivía nunha aldea preto de Padrón,fixo moitos amigos.
Rosalía casouse,tuvo 7 fillos .
E matarona no 1.891,enterrarona.
Manuela,Alba Mato e Sonia
lois non atopo a cancion de Negra Sombra
ResponderEliminarAlba 3º